A PlayStation 3 de oferta nas tendas de GameStop

Non sei que pasou hoxe, pero a nova de que a xente de GameStop ofrecía a PlayStation 3 por 229,98 euros + 5 xogos (ou por 369,98 euros se...

ofertón de GameStop
Non sei que pasou hoxe, pero a nova de que a xente de GameStop ofrecía a PlayStation 3 por 229,98 euros + 5 xogos (ou por 369,98 euros se non entregamos xogos) apareceu en El Mundo pero está a ser ignorada polos blogs e webs de videoxogos (mentres comentan que unha rebaixa da consola faría perder a Sony 300 millóns de dólares).
Supoño que a xente evita falar de GameStop para non facerlles publicidade gratuíta, pero a min paréceme que a súa promoción paga a pena ser promocionada porque hai persoas ás que lles vén de pinga para poder facerse cunha PS3 antes do verán (a oferta remata o 30 de xuño).
De todos os xeitos, hai que consultar as condicións da promoción, pois non parece que acepten calquera xogo ao mercar a PS3. Supoño que esixirán que sexan títulos medianamente recentes para evitar que a xente merque 5 xogos de segunda man a menos de 5 euros cada un (que os hai, pois, por exemplo, os xogos deportivos cun ano no título devalúanse a grande velocidade) co que a consola sairía demasiado barata, e sería unha ruína para GameStop.
Non sei cómo son capaces de vender a consola tan barata (¡incluíndo 1 ou 2 xogos de regalo e todo!) pois Sony está a perder cartos ao vender a PS3 a 399 euros. De todos os xeitos, promover a compra dunha PlayStation 3 por parte das tendas é unha aposta segura, pois na consola de Sony non existe a piratería, e rematarán conseguindo beneficios.
Eu continúo a preferir a Xbox 360 fronte a PlayStation 3 por bastantes motivos, pero pareceume interesante avisar dende aquí da oferta de GameStop, por se alguén quere aproveitala.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...