O Partido Popular barre nas Eleccións Europeas

Co 99,55% do escrutinio electoral pechado en España e co 100% en Galicia coido que xa podo asegurar que como era previsible, o Partido Popular arrasou nestes comicios nos...

Resultados a nivel estatal
Co 99,55% do escrutinio electoral pechado en España e co 100% en Galicia coido que xa podo asegurar que como era previsible, o Partido Popular arrasou nestes comicios nos que finalmente a participación non foi tan baixa como se pensaba (estivo na liña de 2004). Dá a impresión de que o PP medrou pouco (un 1,04%) mentres que o PSOE acusou máis a crise (cunha caída do 4,95%).
resultados galegos
A nivel galego as cousas tamén viviron un importante cambio, non só pola suba do 2,95% do PP (que chega así á maioría absoluta) e a caída do 1,95% do PSdeG-PSOE, senón porque a caída do 2,92% do BNG foi realmente brutal, xa que perdeu 39.430 votos (o que é unha caída do 27,82% no seu total de votos). O BNG quedaría así só co 26% da representación en Europa de los Pueblos-Verdes, polo que entendo que Ana Mirada só será eurodeputada durante 15 meses (aínda que dende o Bloque falan de ano e medio, polo que supoño que aplicarían o redondeo á alza no cálculo, pero quedando igualmente lonxe dos 2 anos aos que aspiraban).
O que non entendo é o que publican en Xornal de Galicia:

En Galicia sube el PP, baja el PSOE y el BNG se queda fuera
El PP es la fuerza más votada en la comunidad gallega, el PSdeG-PSOE la segunda, mientras que el BNG ha logrado un 9,40 por ciento de los sufragios y se queda sin representación en el Europarlamento

¿Quen foi o animaliño que publicou que o BNG queda sen representación? ¿O responsable de escribir tal artigo para Xornal non sabía que o BNG está integrando en Edp-V?

ACTUALIZACIÓN (8-6-2009): Os de Xornal.com corrixiron a nova substituíndo se queda sin representación en el Europarlamento por consigue representación en el Europarlamento gracias a la rotación pactada por la coalición sen unha fe de erros nin nada semellante. ¡Viva a responsabilidade xornalística!
Agora no titular tamén a pifian por dicir que el BNG logra un escaño cando compartirá un escano (realmente faise coa cuarta parte do mesmo). Finalmente tamén corrixiron o titular.

resultados melidenses
En Melide a participación caeu pouco pese a que estivo un día de cans, e os resultados tamén foron moi semellantes a anos anteriores, cunha leve subida do PP un 0,09% e as caídas do 0,8% e do 0,35% por parte do PSdeG-PSOE e do BNG respectivamente.

En definitiva, unha xornada con pouco interese, e bastante predicible (era evidente que a crise económica tiña que pasar factura ao partido no Goberno), aínda que admito que a caída do BNG pareceume moi esaxerada, especialmente se entendemos que a formación nacionalista sempre insistiu na importancia de ter unha voz en Europa. ¿Tan desencantados están os seus votantes?

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS