Money makes the World go round?

A nova campaña de Absolut Vodka no Reino Unido pareceume unha marabilla, por propor cómo sería o mundo se en vez de cartos, pagásemos os produtos e servizos con...

A nova campaña de Absolut Vodka no Reino Unido pareceume unha marabilla, por propor cómo sería o mundo se en vez de cartos, pagásemos os produtos e servizos con afecto (algo que, aínda que non sexamos conscientes, facemos moitas veces):

Amais, o detalle musical de utilizar a frase money makes the world go round para algo totalmente oposto á canción Money, Money.
O que me deixa un tanto sorprendido é que Absolut estea a gastar cartos en facer anuncios de tanta calidade, cando en moitos países está prohibida a publicidade televisiva de bebidas alcohólicas (aínda que no caso deste último anuncio, foi amosado durante a pasada cerimonia dos Premios Grammy). ¿Será que teñen en conta o efecto da Rede para a difusión da súa marca?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...