22 Maio, 2009
A nova campaña de Absolut Vodka no Reino Unido pareceume unha marabilla, por propor cómo sería o mundo se en vez de cartos, pagásemos os produtos e servizos con afecto (algo que, aínda que non sexamos conscientes, facemos moitas veces):
Amais, o detalle musical de utilizar a frase money makes the world go round
para algo totalmente oposto á canción Money, Money.
O que me deixa un tanto sorprendido é que Absolut estea a gastar cartos en facer anuncios de tanta calidade, cando en moitos países está prohibida a publicidade televisiva de bebidas alcohólicas (aínda que no caso deste último anuncio, foi amosado durante a pasada cerimonia dos Premios Grammy). ¿Será que teñen en conta o efecto da Rede para a difusión da súa marca?