Molan os planos secuencia, ¿a que si?

O dúo parisino de música electrónica Make The Girl Dance preparou un orixinal vídeo para o seu tema Baby Baby Baby, gravando un plano secuencia na rúa Montorgueil de...

O dúo parisino de música electrónica Make The Girl Dance preparou un orixinal vídeo para o seu tema Baby Baby Baby, gravando un plano secuencia na rúa Montorgueil de París un xoves ao serán no que tres mozas espidas (Mathilde, Sarah e Marine) dan un paseo cantando a canción do grupo:

Hai varios detalles que me deixan bastante intrigado:
– ¿Pedirían permiso municipal para gravar o vídeo musical?
– ¿Cómo é posible que tan poucas persoas miren ás mozas? (non só por ir espidas, senón por ter unha cámara filmándoas)
– ¿Por qué carallo o vídeo está en espello? (si, é difícil fixarse niso 😛 )

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Muuu (son unha vaca)

    Amala Zandile Dlamini, ou Doja Cat, é unha cantante californiana de 22 anos que conseguiu certo éxito en 2014, como demostra que o seu vídeo So High superase os...
  • Os capos da Galega saltan ao baleiro

    O grupo coruñés Nortones estrea vídeo musical, Salto Al Vacío, da xente de Dreamovie, e que contou con moitas caras coñecidas: Un puntazo poder ver xuntos aos principais capos...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...