A vén de iniciar unha campaña promocional na Internet:
Si, a xente ten que aprender a pronunciar YouTube, a distinguir a web de Google, a saber o que é un tuiteo, a non confundir o correo electrónico coas SMS… e para destacar todas esas diferenzas estamos os frikis, que buscamos ser cada dÃa máis, asà como estar unidos coma comunidade.
Os frikis somos unha inmensa minorÃa que fixo posible a existencia de máis de 1.000 millóns de páxinas web, 150 millóns de blogs, 175 millóns de usuarios de Facebook, 35 millóns de usuarios de Digg (e 4.319 usuarios de Chuza!), 2.000 millóns de fotografÃas en Flickr, 6 millóns de contas de Twitter, 1.432 entradas neste blogue e moitas outras frikadas que fai que a Internet sexa o que hoxe coñecemos, e non só unha rede na que cientÃficos e militares fan das súas.
Se algún dos que len estas liñas séntense identificado co frikismo tecnolóxico, que deixe un comentario dicindo Eu son friki
(todo detalle de por qué pensa que é un frikazo será benvido). Cada comentario publicado o Sr. Spock desexaravos unha longa e próspera vida
😉
12 Maio, 2009