Concerto de Carlos Baute en Melide

O sábado pola noite tivo lugar en Melide un concerto de Carlos Baute, e eu tiña algo de curiosidade por saber se fora moita xente, ao que Riki respondeu...

O sábado pola noite tivo lugar en Melide un concerto de Carlos Baute, e eu tiña algo de curiosidade por saber se fora moita xente, ao que Riki respondeu que irían unhas 3 mil persoas, o que non parece un mal resultado.
Logo déuseme por mirar se había algo do tema e atopei que no Correo falaban do asunto:

La música de Baute triunfa en la noche de Melide
Moitas mozas no concerto de Baute en MelideEl cantante venezolano Carlos Baute deleitó ayer en Melide a un público entregado -principalmente el sector femenino-, que llenó el palacio de congresos para seguir su música y sus bailes en un escenario que conformó parte importante del espectáculo. Las puertas estuvieron abiertas desde una hora antes y ese fue un acierto de la organización, puesto que la gente comenzó a llegar con bastante antelación, probablemente para poder ubicarse en los mejores sitios, es decir, en los que mejor podía ver a su ídolo.

A fotografía que acompaña á nova é moi ilustrativa do concerto, e faime graza a cara que poñen os asistentes que en vez de mirar a Baute miran a cámara 😛
Pero aparte da prensa, apenas había información sobre o concerto na Rede, o que me parecía algo díficil e finalmente din cun par de clips en YouTube, coma no que Baute interpreta o seu tema Te regalo:

Amais tamén saín de dúbidas sobre cómo ía cantar Colgado en tus manos sen contar con Marta Sánchez no escenario, e a respota foi bastante cutre (deixou que fose o público o que cantase):

Tamén lin por aí que se notou o playback, o que non sei moi ben a qué se referiría (literalmente o playback é o acompañamento musical, non a voz). ¿Será que algún fragmento dalgunha canción estaba pre-gravado?

Paréceme algo raro, porque non vexo que as cancións precisen dese tipo de trucos, xa que non son tan sofisticadas (nin o cantante destacou nunca polo seu chorro de voz). E iso sen comentar a mala acústica do Pazo de Congresos…

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS