Carlos Baute actuará en Melide o 18 de abril

Botando un ollo en Kedin.es vin que volvía a saír Melide (ou Visantoña, se facemos caso da API de Google Maps), esta vez para un concerto de Carlos Baute...

Carlos BauteBotando un ollo en Kedin.es vin que volvía a saír Melide (ou Visantoña, se facemos caso da API de Google Maps), esta vez para un concerto de Carlos Baute o 18 de abril, do que hai entradas na Taquilla de Caixa Galicia, algo do que non lembro precedente na vila.
Non sei qué dá máis para atrás: que o concerto sexa de Baute, ou que sexa no Pazo de Congresos e Exposicións, no que lembro que cando houbo un concerto de Melon Diesel era difícil distinguir se a versión da canción que interpretaban era a que estaba en inglés ou en español (e dígoo como afeccionado ao grupo).
Dubido moito que cheguen a colocar as 985 localidades que hai á venda, pois Baute paréceme máis un cantante para unha actuación de balde no verán, pero igual contribúe o feito de que nos últimos meses teña un éxito musical sonando a todas horas:

Aínda que en YouTube está a funcionar mellor o remake:

ACTUALIZACIÓN: Acabo de ver que a nova do concerto sae en La Voz:

El cantante Carlos Baute actuará en abril en Melide

El Palacio de Congresos melidense acogerá el 18 de abril un concierto del cantante Carlos Baute, propiciado por Javier y Miguel Castro, dirigentes de varios locales de copas de la noche melidense.

El cantante, compositor, modelo y presentador caraqueño, con raíces gallegas, se subirá al escenario del Palacio de Congresos a partir de las 22.30 horas para presentar su último disco, De mi puño y letra.

Las entradas ya están a la venta al precio de dieciséis euros a través de la web de Caixa Galicia, en los pubs Zerox y Laicus y en la discoteca Palladium, de Melide, promotores del concierto.

Mucha e Nucha, Carlos Baute… ¿qué será o próximo?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS