Animais de código aberto

¿Lembrades a páxina web dos animaliños nacidos en catividade? Pois esta semana parece que están apoiando ao software libre, e onde puxeron a foto duns cachorros de panda vermello...

¿Lembrades a páxina web dos animaliños nacidos en catividade? Pois esta semana parece que están apoiando ao software libre, e onde puxeron a foto duns cachorros de panda vermello (firefox) nacidos nun zoolóxico australiano:
pequenos pandas vermellos
Pero non acaba aí a cousa, e hoxe sorprenden cun fénec nacido nun zoolóxico coreano:
fénec cativo
Para os que non o saiban, Fennec é o nome do proxecto da versión móbil do Firefox. Ah, e no mundo real o fénec (fennecus zerda) é un raposo do Sahara. ¡Que curriño! ¿Será parente de Pinky?

Ver imaxe de Pinky e Cerebro ▼

Se queredes facer a comparación gráfica, velaquí o logotipo do Mozilla Fennec:
logo do Mozilla Fennec

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS