Os autobuses a Ferrol si que teñen Wi-Fi

Admito que ando un pouco mal da cabeza, porque onte, ao cruzarme nun semáforo urbano cun autobús de Arriva que ía rumbo a Ferrol non se me ocorreu outra...

Captura do iPhone comprobando a Wi-Fi dun autobús de ArrivaAdmito que ando un pouco mal da cabeza, porque onte, ao cruzarme nun semáforo urbano cun autobús de Arriva que ía rumbo a Ferrol non se me ocorreu outra cousa que sacar o iPhone e probar a ver se era certo que a conexión Wi-Fi da que tanto presumían non estaba operativa.
Vale que o autobús tamén era moi tentador (estaba rotulado poñendo que había acceso á Internet no seu interior) e aínda que non cheguei a entrar no vehículo, e o tempo que estivo parado fronte ao semáforo non chegou para comprobar a velocidade da conexión, gustoume ver que o servizo de conectividade sen fíos se estaba a manter.
Iso si, paréceme un tanto ridículo que se ofreza nun tramo tan curto e nun traxecto no que hai varios túneles. Vaia, que a conexión á Rede debe perderse en moitas ocasións. Aparte, os autobuses tampouco teñen moito espazo para usar un portátil (aínda que con móbiles intelixentes seguro que se agradece o servizo). O curioso do caso é que a conexión que ofrecen a través de Wi-Fi é realmente un acceso de banda larga móbil, polo que sería algo ridículo ter un móbil conectado a unha Wi-Fi conectada a un modem 3G, ¿non?

O mellor do asunto é que ao longo do ano van chegar ao mercado varios dispositivos que permiten compartir unha conexión 3G por Wi-Fi, polo que esta tecnoloxía que parece reservada a empresas, chegará aos fogares (supoño que terá bastante boa acollida no rural). Como exemplos temos o router Novatel MiFi 2352 que venderá Telefónica, aínda que a min paréceme máis atractivo o Huawei i-Mo, que é unha evolución da xaboneira con Wi-Fi. Sen dúbida, vai ser un ano interesante para a Internet móbil.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • O tratamento informativo do WannaCry dáme ganas de chorar

    O pasado venres convidáronme a participar no programa Área Pública da TVG para explicar un pouco o problema co ransomware que tiveron na sede central de Telefónica, causando un...