A nova cabeceira dos Simpson

Durante esta fin de semana moitos blogs están a informar da nova cabeceira de Los Simpson, detallando que era un cambio necesario tras 20 anos en antena, pero esquecendo...

Durante esta fin de semana moitos blogs están a informar da nova cabeceira de Los Simpson, detallando que era un cambio necesario tras 20 anos en antena, pero esquecendo o auténtico motivo da renovación: o salto á alta definición.
Bart Simpson e a HDTV
O propio Bart xa dedica a súa frase do encerado á HDTV, decindo que paga a pena a televisión en alta definición. Sumarse a este novo nivel gráfico precisaba dun cambio porque a imaxe en HD é panorámica, ou sexa, que a cabeceira tradicional en 4:3 non quedarían ben en 16:9, o que abría unha porta ao cambio que de seguro será benvido.
O certo é que a nova cabeceira está moi ben, e recolle moitas referenzas á serie, aínda que na primeira entrega foi demasiado longa:

Agora queda por ver se en España imos gozar dos novos episodios nunha calidade aceptable. Non estou a falar de alta definición, senón do feito de que a serie se emita en anamórfico, pois as canles de Antena 3 na TDT si están a aproveitar esta posibilidade (WSS). A xente con televisores modernos agradecerá ver a serie sen deformacións, recortes ou bandas negras.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS