O PSdeG xa estrou na súa canle de YouTube o vídeo promocional de Emilio Pérez Touriño de cara á campaña electoral que comeza o 13 de febreiro:
O de “é moito o que nos xunta” parece un xogo de palabras un tanto rariño, e o de “Touriño Presidente” semella unha adopción do Zapatero Presidente que lle valeu ao presidente do Goberno de España o alcume de ZP, o que agardemos que non pase en Galicia, porque podería dar lugar a malos entendidos:
Incluso de cambiar a orde dos factores poderíamos ter problemas:
Pero todo iso non evitou que o Partido decidise iniciar unha campaña presidencialista na que se poden ver carteis coma os seguintes (que odemo tardou pouco en parodiar):
¿A alguén non lle queda claro que Touriño é o actual presidente da Xunta e opta a revalidar o seu cargo? Por repetición que non quede.
Eu, pola miña banda, quedo coa canción que acompañará ao PSdeG durante a vindeira campaña, e que tamén puidemos escoitar na banda sonora de Pradolongo:
Ah, e o sábado pola tarde o BNG celebra a súa Convención Electoral Nacional. Supongo que desta volta os seus carteis non utilizarán coma lema “O vicepresidente” 😛
ACTUALIZACIÓN: Sen ter que agardar ao sábado os do BNG xa colocaron en Quin TV unha homenaxe á película Espartaco na que a xente apoia a Anxo Quintana:
Ver versión en YouTube ▼
Destacaría do vídeo a cantidade de rostros coñecidos do mundo da televisión e o teatro, así coma o feito de que me pareceu que cantaba bastante que Quin non estaba presente durante a gravación do anuncio (e que se incrustou a posteriori), aínda que de pór unha pega sería que eusonanxoquintana parece unha frase en éuscaro (probade a dicilo varias veces seguidas) 😛
Debe estar conectado para enviar un comentario.