A película que en maio nos achegará a orixe do Lobezno dos X-Men xa ten trailer:
Hai versións de alta calidade en MySpace, e a cousa pinta moi ben, parecendo bastante inspirada nos comics á hora de contar a orixe do personaxe, aínda que logo meta unha chea de mutantes para vender. Sen dúbida vai ser todo un éxito, especialmente porque vaise distanciar doutras estreas coma Watchmen (marzo), Dragonball Evolution (abril), as novas pelis dos Transformers e Terminator (xuño) ou a de Harry Potter (xullo). O seu único competidor directo vai ser Star Trek, coa que non creo que exista unha rivalidade real (o número de marvel zombies é moi superior ao de trekkies).
Eu pola miña banda aplaudo que de marzo a xullo vaiamos ter coma mínimo unha peli friki por mes (a peli de agosto, G.I.Joe, non creo que pague a pena tela en consideración). Deberían facer así durante todo o ano.
15 Decembro, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.