Esta fin de semana vin na televisión o anuncio do novo xogo de Xbox 360, Lips:
Como vedes, emprega para anunciarse a canción Take On Me (da que xa teño falado),
pero neste caso non se trata dun caso de publicidade enganosa coma o de Guitar Hero World Tour xa que a canción, aínda que non veña de serie no xogo español (e si no americano) resulta que se pode descargar de balde do Barzar de Xbox LIVE.
Do que estou certo é de que, de facer un anuncio do Lips gravado en España a canción que interpretarían ao final do spot sería a de Pimpinela. Iso si, os de Microsoft ¡xa tardan en mercar os dereitos do Sueño Contigo de Camela coma canción descargable! 😉
O certo é que o repertorio de temas do Lips é un tanto raro, de xeito en cada país conta con cancións distintas tocándolle a España as seguintes:
– Ace of Base: The Sign
– Alicia Keys: No One
– Avril Lavigne: Complicated
– Ben E. King: Stand by Me
– Beyoncé: Irreplaceable
– Coldplay: Yellow
– Depeche mode: Personal Jesus
– Dido: White Flag
– Duffy: Mercy
– Earth, Wind and Fire: Let’s Groove
– Jackson 5: ABC
– Johnny Cash: Ring of Fire
– Kylie Minogue: Love at first sight
– Leona Lewis: Bleeding Love
– Maroon 5: Makes me Wonder
– Morcheeba: Rome Wasn’t Built in a Day
– Nirvana: In Bloom
– Peter, Bjorn and John: Young Folks
– Queen: Another one bits the dust
– Radiohead: Fake Plastic Trees
– Rihanna feat. Jay-Z: Umbrella
– Roxette: Listen to your Heart
– Sara Bareilles: Love Song
– Alaska y Dinarama: A quién le importa
– Alejandro Sanz: Corazón Partío
– Andrés Calamaro: Flaca
– Belanova: Baila mi corazón
– Chetes: Completamente
– David Bisbal: Quién me iba a decir
– Despistaos: Cada dos minutos
– Duncan Dhu: En algún lugar
– El sueño de Morfeo: Demasiado tarde
– Fanny Lú: No te pido flores
– Héctor Lavoe: Che Che Colé
– Jarabe de Palo: Olé
– La Factoría: perdóname
– Luis Miguel: Un hombre busca a una mujer
– Pimpinela: Olvídame y pega la vuelta
– Selena: Bidi Bidi Bom Bom
– Son by Four: A puro dolor
Deste xeito, perdemos (de serie) o Take On Me de A-ha, o Call Me de Blondie, o Soak Up the Sun de Sheryl Corw ou o Walk Like an Egyptian das Bangles (¡imperdoable!).
Os que queiran pasar de Jarabe de Palo, Belanova, Andrés Calamaro, Alejandro Sanz, Selena, Despistaos e Pimpinela poden optar por mercar o xogo a Reino Unido. En Play.com sae a 55,99 euros (portes incluídos) e incluso sae uns 3 euros máis barato (xa cos portes) mentres que en España se vende por 64,95 euros. Curiosamente en Francia teñen o mesmo prezo que en España, pero en Alemaña o xogo está uns 7 euros máis barato. ¿Alguén pode entender iso?
A xente está a pór o xogo polas nubes, e comentan que está moito mellor que o SingStar, polo que podería ser o mellor karaoke editado ata o momento, coa vantaxe de que lle podes meter calquera canción que che pete (aínda que sen que o programa presente a súa letra en pantalla). Vaia, que era hora de que chegase a innovación a este tipo de xogos, e que non fosen só os de guitarra eléctrica os que mellorasen.