Falsos hologramas na CNN

Esta semana os da CNN quedáronse con medio mundo ao estrear durante a noite electoral cunha suposta tecnoloxía holográfica que dende o primeiro momento inspirou bromas ao máis puro...

Esta semana os da CNN quedáronse con medio mundo ao estrear durante a noite electoral cunha suposta tecnoloxía holográfica que dende o primeiro momento inspirou bromas ao máis puro estilo “Help me, Obi-wan Kenobi. You’re my only hope”:
Help me, Obi-wan Kenobi

A explicación da tecnoloxía empregada foi exhaustiva, pero o certo é que tomaron un pouco o pelo ao persoal, facendo crer o que non era:

Vaia, que resulta que non estaban a facer un holograma, senón un tomograma, ou sexa, que o presentador non estaba a ver tridimensionalmente aos seus interlocutores virtuais, senón que o efecto só se apreciaba en pantalla, polo que a cousa é realmente cutre.
Que alguén me explique por qué á persoa que estaba en Chicago lle tiñan que colocar ao seu redor 35 cámaras de alta definición cando o resultado final ía a ser en 2D. Para o que fixeron chegaban 2 cámaras. ¿Por qué? Pois porque na práctica o único que estaban a facer realmente era un croma coma o dos homes do tempo, para o que só era preciso que se sincronizasen dúas cámaras (unha en Chicago e outra en New York) para que tivesen en todo momento a mesma perspectiva, e que así se puidesen mesturar as imaxes captadas.
Vaia, que o recorte da imaxe foxe imperfecto é imperdoable, e todo cheira a que dende a CNN quixeron vender a moto para sorprender á audiencia. Esa trapallada ten un nivel de complexidade técnica que podería asumir calquera televisión autonómica española, e case unha emisora local, pero o adornaron como unha innovación para deixar á xente flipadísima. Un aplauso para a CNN por trunfar na noite electoral grazas a iso (ten o seu mérito marcar un gol así).

Bill Gates holográficoPero que a CNN empregase un tomograma non quere dicir que os hologramas non teñan futuro, o que pasa é que onde teñen sentido é en eventos en directo, onde o público pode ver a imaxe tridimensional, coma nunha conferencia na que participou Bill Gates na pasado mes de maio, aínda que neste caso, en vez de parecer a Princesa Leia, tiña un aire máis propio do Emperador Palpatine 😉

Eu espero que todas estas cousas animen ao avance de plataformas de telepresencia, que poden resultar moi atractivas para entrevistas televisivas, conferencias e mesas redondas. Calquera día veremos como nunha mesa de debate de 59 segundos a metade dos convidados están nun plató en Madrid e o resto nunha localidade da que se estea a falar, sen que o espectador se percate. ¡Iso si sería un avance importante para a televisión! E o mellor de todo é que a tecnoloxía actual o permite.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • O podcasting posto en valor

    Hai algo máis dun ano os oíntes do podcast La Órbita de Endor (LODE) coñecemos un experimento de iVoox a través do que ofrecíanse subscricións de pagamento, e finalmente...
  • O Banjo Fantástico

    Chámase Ollie, ten un banjo, e tras facer unha chea de versións de música de videoxogos como Out Run, Street Fighter II ou Tetris, inicia unha nova serie de...
  • Farruco nos primeiros tempos da Galega

    Aínda que moitos lembren a Xosé Lois Bernal López Farruco na Televisión de Galicia por aparicións na serie Terra de Miranda ou por presentar o programa Vivir Aquí con...
  • Fisterra sucumbe ao carbono modificado

    A pasada fin de semana rematei de ver a serie Altered Carbon en Netflix, historia baseada no libro Carbono Modificado no que preséntase un futuro no que é posible...