As Google Glass chegan a Compostela

Esta mañá puiden participar no primeiro evento organizado polo GDG Santiago no que Andreu Ibáñez veu de Lleida para amosarnos as súas Google Glass e explicar o que son...

Marcus Fernández con Google Glass

Esta mañá puiden participar no primeiro evento organizado polo GDG Santiago no que Andreu Ibáñez veu de Lleida para amosarnos as súas Google Glass e explicar o que son e para que serve esta tecnoloxía de Google que está a dar tanto que falar.

Andreu Ibáñez coas Google Glass nas mans

Andreu debullou os elementos das lentes, deixando claro que o prisma que fai de pantalla non emprega tecnoloxía de proxección (senón que é unha pantalla real), que a patilla transmite son ou ouvido mediante vibración ósea e que a súa cámara é capaz de rexistrar vídeo a 720p e tirar fotografías dun xeito máis que aceptable. Tamén puxo exemplo de uso desta tecnoloxía e chamou a reflexionar sobre o posible éxito deste tipo de tecnoloxía wearable, adiantando que a seguinte vaga podería ser a tecnoloxía hearable (ouvible) como tamén comentou o pasado martes na Radio Galega:

Este rapaz chega a berrar «está moi porriba dos oito mil» e pensaría que tiña diante a Vexeta.

Este rapaz chega a berrar «está bastate porriba das oito mil» e pensaría que tiña diante a Vexeta.

Ao final o que quedou claro é que o destacable de Glass é que o produto é moi pequeno e lixeiro (apenas se nota), que o seu prezo será asumible (hoxe 1.500 dólares son moitos cartos, pero estamos ante un produto para desenvolvedores, agardándose que o trebello final sexa máis barato e cun prezo moi inferior ao das solucións profesionais actuais) e que estamos só ante o principio dunha chea de innovacións que veremos nos vindeiros anos.

moza probando Google Glass

As Glass pódense controlar por voz e/ou cun dedo

Vexo difícil que vaiamos atopar a moita xente empregando Glass pola rúa nun par de anos, pero o que parece claro é que as TIC non van conformarse con chegar ao móbil, e procurarán invadir cada vez máis faces das nosas vidas. Lentes, reloxos, pulseiras, calzado… todo é susceptible de introducirlle un chip, pero serán as aplicacións da tecnoloxía as que decidirán a súa adopción masiva. ¿Cal será a Next Big Thing? É difícil de prever, pero polo menos non podemos dicir que non se estean a explorar moitos camiños para innovar.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...