Os xornais teñen serios problemas para manter as súas vendas, polo que recorren en moitas ocasións a promocións, e tras excelentes coleccións de películas en DVD, dende o ABC inician este sábado unha colección de videoxogos para PC que aínda que non sexan da última fornada, teñen unha calidade notable, e son de especial interese para os usuarios que non teñan un ordenador á última.
A estrea non podería ser mellor, e a promoción do ABC se inicia con Prince of Persia: Las Arenas del Tiempo, un xogo que aínda que non se parece ao que sairá en breve para as consolas de videoxogos de nova xeración, conta con moitos seguidores, e sae tiradísimo, xa que ao prezo de portada do xornal (1,20 euros) só hai que engadir 1 euro. Vaia, que se alguén piratea un deses xogos fai o ridículo.
O calendario de lanzamentos é o seguinte:
Data |
Título
|
|
1. | 8 nov. 2008 | Prince of Persia |
2. | 15 nov. 2008 | Far Cry |
3. | 22 nov. 2008 | Rayman Raving Rabbids 2 |
4. | 29 nov. 2008 | CSI: Oscuras Intenciones |
5. | 6 dec. 2008 | Splinter Cell |
6. | 13 dec. 2008 | Dogz |
7. | 20 dec. 2008 | Silent Hunter 3 |
8. | 27 dec. 2008 | Tom Clancy:Ghost Recon |
Quitando Dogz non pegue nin con cola nunha selección de xogos de acción (o que se lle perdoa doadamente aos meus queridos coellos tolos de Rayman) a colección inclúe moitos títulos cos que se pode xogar durante moitas horas, e aínda que non estean á altura dos videoxogos máis actuais, recoméndollos ás persoas que queiran utilizar un portátil para xogar ou para aproveitar ordenadores con máis de 3 anos de vida.
Debe estar conectado para enviar un comentario.