Novos bonecos de Guitar Hero

Dende que Todd McFarlane anda tocando as narices cos dereitos de Miracleman non lle teño moito aprecio, pero os seus bonecos si que me encantan, pois teñen unha calidade...

Judy NailsDende que Todd McFarlane anda tocando as narices cos dereitos de Miracleman non lle teño moito aprecio, pero os seus bonecos si que me encantan, pois teñen unha calidade abraiante e un prezo axustado. Actualmente incluso teñen unha liña dedicada aos videoxogos con figuras de Halo 3, Soul Calibur e mesmo de Guitar Hero, e dentro desta última colección este mes sacaron algúns bonecos de limitado atractivo, que mellorará en febreiro de 2009 ao incorporar a Slash e Judy Nails (o meu personaxe favorito de Guitar Hero III… que me parecía moi cutre nas anteriores entregas), pero o mellor de todo é que no mesmo mes tamén van sacar unha liña menos realista (e máis barata) de figuras inspiradas no xogo, presentando unhas representacións moi simpáticas de Lars Ümlaut e Axel Steel:
Lars Ümlaut e Axel Steel
¿Acaso non son adorables? Como se van a vender a un prezo de entre 6 e 8 dólares coido que non vou poder evitar a tentación de facerme con algún aínda que non teña onde metelo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Videoxogos de papel

    A nostalxia ten moita forza, e de cando en vez serve de inspiración para fermosas marabillas, como o vídeo de Eric Powers no que fixo un repaso da historia...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • En Suíza tamén hai cosplay

    Que actualmente hai convencións fikis por todo o mundo non é ningunha sorpresa, pero sorpréndeme non ter escoitado nunca falar da que montan en Basilea, pois «a Comic Con...