Guitar Hero World Tour: ¿publicidade enganosa?

Moitos blogs e webs publicaron nos pasados días o anuncio do Guitar Hero World Tour que están a pór na televisión norteamericana que resulta moi rechamante pola aparición de...

Moitos blogs e webs publicaron nos pasados días o anuncio do Guitar Hero World Tour que están a pór na televisión norteamericana que resulta moi rechamante pola aparición de Kobe Bryant, Michael Phelps, Alex Rodríguez e Tony Hawk en plan Risky Business (como nunha anterior campaña de Guitar Hero):

Para min o mellor do anuncio é a canción Old Time Rock and Roll, que curiosamente non está incluída no xogo, aínda que sí hai outro tema de Bob Seger (Hollywood Nights). O peor de todo é que nin sequera se pode incorporar ao xogo o tema coma contido descargable, polo que o anuncio televisivo roza a publicidade enganosa.
Iso si, a listaxe de temas parece bastante boa:
Ver listaxe de cancións do xogo ▼

Digo que só o parece porque algunhas das cancións non me gustaron á hora de probalas, por darme a impresión de que non estaban moi ben sincronizadas (posiblemente por ser difícil contentar a xogadores de guitar, batería e micrófono á vez), pero ata que saia o Rock Band 2 non me pararei a comparar estes dous grandes títulos.
Para que vos fagades unha idea do que achega o novo Guitar Hero, déixovos co trailer de lanzamento (pois acaba de estrearse o xogo nos EE.UU., aínda que non chegará a España ata o día 7 de novembro):

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS