Noticias Cuatro: ou cómo interpretar mal unha nova

Un colega mandoume un correo electrónico todo asustado porque vira nos informativos de Cuatro que o xogo LittleBigPlanet non só se retrasaba, senón que dobraba o seu prezo, polo...

Un colega mandoume un correo electrónico todo asustado porque vira nos informativos de Cuatro que o xogo LittleBigPlanet non só se retrasaba, senón que dobraba o seu prezo, polo que pasaría a custar 140 eurazos:

Na propia web de Cuatro poñen o seguinte:

Sony retira un videojuego que cita versículos del Corán para evitar una ofensa al mundo musulmán
Tras destruirlo, la compañía electrónica ha puesto en el mercado un nuevo juego que cuesta el doble que el anterior
La compañía electrónica Sony ha retirado uno de sus videojuegos estrella para no ofender a los musulmanes y evitar problemas. La polémica la marcaba la banda sonora del videojuego, que citaba versículos del Corán, algo ofensivo en la religión.
La compañía ha destruido el videojuego tras retirarlo y ha puesto en el mercado uno nuevo que cuesta el doble del anterior.

¡Cómo se pode publicar unha burrada así e non correxilo despois! Polo que sei dende Cuatro non se retractaron, e a nova é unha auténtica burrada, pois o que pasou en realidade, segundo publican incluso dende as páxinas de El País, sería o seguinte:

La tirada inicial de un título como éste podría estar fácilmente por encima de las 500.000 copias, posiblemente cerca del millón en todo el mundo. Todos ellos serán destruidos, salvo algunos que han “desaparecido” y ayer se cotizaban en Internet por encima de los 150 dólares (112 euros), más del doble del precio de venta oficial.

Ou sexa, que os de Cuatro están atribuíndo a Sony a comercialización de copias roubadas do seu xogo (¿son conscientes que lle están a chamar mercado ao mercado negro?). ¡Manda carallo! ¡Iso é xornalismo e o demais son coñas! Supoño que os de Sony non se decataron da cagada de Cuatro, porque se non xa tería denunciado aos seus informativos e os forzarían a emitir unha rectificación.

Para que quede claro o asunto, o xogo está retrasado ata unha data por determinar entre o 3 e o 7 de novembro (estimándose que chegue ás tendas españolas o día 5), o seu prezo de venda continúa a ser de 69,95 euros (prezo oficial, aínda que se pode adquirir máis barato por aí), e non podo deixar de comentar que os que queiran o xogo e non teñan presa por facerse con el o primeiro día deberían subscribirse por 2 anos á revista Marca Player, pois por 45,60 euros regalan o LittleBigPlanet (aínda que esta caralluda promoción ten existencias limitadas).
Tampouco hai que esquecer que porán á venda un pack da PS3 no que inclúen o xogo de balde, polo que se ve que Sony está a pór moitas esperanzas nun título que contan con que lles salve as vendas este Nadal, pois a súa consola está a funcionar realmente mal comercialmente (pois é carísima, e o seu catálogo de xogos é case idéntico ao da Xbox 360, que custa menos da metade).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS