¿Cómo sería a vida sen Google?

O persoal de informativos de La 2 preguntou á xenta da rúa cómo sería a súa vida sen Google, e os resultados foron moi previsibles: O que queda claro...

O persoal de informativos de La 2 preguntou á xenta da rúa cómo sería a súa vida sen Google, e os resultados foron moi previsibles:

O que queda claro do vídeo é que aínda hai moita xente que non se conecta á Internet e que demasiadas persoas empregan Google como páxina de inicio, de xeito que non sabe moverse pola Rede sen o buscador, o que implica unha falta de cultura de Internet impresionante. Curiosamente un dos consultados de máis idade é o que dá no cravo:

– ¿Cómo sería la vida sin Google?
– Pues, con Yahoo!
– ¿Directamente?
– Sí, directamente.

Si, porque Google non só non é sinónimo de web, senón que é só unha das moitas opcións de busca que hai (eu antes era fiel a AllTheWeb, buscador do que gustaba máis que de Altavista). De feito, España é un país bastante raro, pois aquí o único buscador que se usa é Google, e se reproduce o mesmo monopolio co programa de mensaxería instantánea Windows Live Messenger. Noutros países hai máis variedade (aínda que Google domine en case todo o mundo). Esta situación resulta moi preocupante (temos unha dependencia que nos fai moi vulnerables).

Para min a desaparición de Google tería como consecuencia que pedería as miñas aplicacións web de lectura de e-mail e de RSS, o que non sería un trauma se me deixasen facer unha copia de seguridade do material con certa antelación (vaia, que volvería ás aplicacións de escritorio). Vaia, que xa caeron moitos buscadores e portais web sen que cambiase a nosa vida para sempre, só que a meirande parte dos internautas españois se conectaron cando xa existía Google, e non viviron a evolución da web, polo que non a súa percepción é diferente. Ser nativo dixital non é todo vantaxes.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • Gayoso xa ten figura Pop! de Funko

    A pasada noite no programa Luar da Televisión de Galicia o melidense Manuel DeAndrade tivo a ben entregarlle a Xosé Ramón Gayoso unha figura Pop! inspirada na súa persoa,...
  • Os capos da Galega saltan ao baleiro

    O grupo coruñés Nortones estrea vídeo musical, Salto Al Vacío, da xente de Dreamovie, e que contou con moitas caras coñecidas: Un puntazo poder ver xuntos aos principais capos...
  • Colección friki dun espectador da Galega

    Hai uns días déuseme por recompilar algunhas das películas e series de televisión en DVD, figuras, e outras curiosidades que teño por casa para demostrar que criarse vendo a...