Esta fin de semana fíxome graza ver que en A Revista da TVG emitiron unha reportaxe sobre o portal de orixe galega Vandal.net:
Pero, ¿por qué me fixo graza ver á xente de Vandal.net na televisión? Pois porque a Pablo Grandío, co que teño mantido algún contacto electrónico, había moitos anos que non lle vía a cara, e o vexo moi cambiado, xa que a última vez que me crucei en persoa con el foi hai cousa de 9 anos… vaia, cando aínda era cun rapaz barbilampiño.
Na reportaxe da Galega se comenta que Vandal é o portal de videoxogos nº 2 de España, pois o líder é claramente Meristation, que posiblemente remate formando parte de PRISAcom, polo que me sorprende que Vandal conservase a súa independencia durante tantos anos (pois durante o crash da Internet moitos medios tiveron que buscar socios para sobrevivir). Dende aquí deséxolle moita sorte a toda a xente involucrada no proxecto de Pablo.
28 Setembro, 2008