30 Agosto, 2008
Este verán chegou para as consolas Xbox 360 e PS3 o xogo Soul Calibur IV, que permitía empregar a personaxes nada habituais na saga de xogos de loita coma Ioda, Darth Vader ou o Aprendiz deste último, pero iso non foi o que destacou deste impresionante título, senón que trunfou a personalización de loitadores, que deu lugar a personaxes que vos resultarán moi familiares:
Hai toda unha coleccións de loitadores inspirados en personaxes doutros videoxogos, comics, series de televisión… e fixen unha selección dos que vin por aí para ver se adiviñades a súa fonte de inspiración:
Xa sei que son moi doados, pero agardo que cando menos certa criatura azul vos arrinque un sorriso 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.