20 Agosto, 2008
Despois do bañador chegou o bikini. Algúns quixeron complicar a cousa e presentaron o triquini. E para rematar de liala, agora temos o frikini (geekini en inglés):
Se alguén precisa de tal invento para tocar á súa moza en certas partes… que se faga mirar o asunto, que igual ten algo grave 😛
Sobra dicir que non hai versión masculina do invento porque os homes vimos con joystick de serie (e ata nas sexshop venden versións con DualShock).
Debe estar conectado para enviar un comentario.