18 Agosto, 2008
Hoxe no programa Voces de Galicia de RadioVoz tocou falar da nova tarifa plana 3G de Simyo (a mellor oferta do mercado para que teña boa cobertura de Orange), o servizo Tu Sello de Correos e un par de detalles sobre o consumo de enerxía:
A verdade é que non me decido sobre o que é máis importante: que Dell anuncie que un dos seus portátiles acade unha autonomía de 19 horas ou que un par de monitores de Fujitsu-Siemens consuman 0 vatios en espera (con 0 W entendo que se refiren a menos de 0,1 W, pois algo si que consumen). Ambas noticias poden ter moita repercusión no futuro, pero en sentidos opostos. O consumo de enerxía é así algo que se pode ver dende dúas perspectivas: ou maior duración das baterías dos dispositivos portátiles ou menor consumo en momentos de pouca actividade.
Dende un punto de vista egoísta todos podemos querer dispositivos que manteñan a súa carga durante meses, pero hai que recoñecer que se podemos facer que o consumo de todo o que temos enchufado se reduza tamén podemos beneficiar á nosa economía persoal e ao futuro do planeta.
Debe estar conectado para enviar un comentario.