Novidades tecnolóxicas en RadioVoz

Este luns no programa Voces de Galicia comentei varios temas da actualidade tecnolóxica con Isidorio Valerio: Comezamos falando do exitazo de debate...

Este luns no programa Voces de Galicia comentei varios temas da actualidade tecnolóxica con Isidorio Valerio:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.


Elecciones GeneralesComezamos falando do exitazo de debate entre Zapatero e Rajoy, que seguiron 400.000 persoas a través da Internet (cantidade que baixou un 25% no segundo debate) o que aproveitamos para empalma co friki-xogo de Yo, Presidente. A min facíame moita máis graza o Elecciones Generales para Spectrum.
Logo tamén falamos do servizo Butaca TV, que é toda unha revolución para o pago por visión, aínda que moitos preferirían ver películas de balde en Stage6 (servizo desgrazadamente desaparecido).

A situación do mercado das videoconsolas tamén dá que falar moitas veces, e coido que é indiscutible que a PS3 vai arrasar… para o vindeiro Nadal. Polo momento a Xbox 360 ten uns 18 millóns de unidades en todo o mundo e a Wii uns 21 millóns, ou sexa, que os 8 millóns de PS3 son aínda insignificantes. O que queda claro é que realmente non hai unha guerra de consolas da que vaia a quedar só unha, senón que estarán todas ata o último momento, orientándose a distintos tipos de usuario:
– a Wii será para os xogadores casuais (que antes non lle daban a iso dos videoxogos)
– a PS3 será para os xogadores máis activos
– a Xbox 360 estará máis orientada para os que adoren os xogos de tiros en primeira persoa (Halo 3, Call of Duty 4 e outros)
E sen esquecer que os xogos de estratexia seguirán a arrasar no PC. Iso si, as consolas que si están a pegar forte son as portátiles, e en tal sector Sony si que vai de cu e costa arriba (pese a que a PSP é moi superior á Nintendo DS).

Para rematar comentamos o do lector-forense de tarxetas SIM, que lle debeu meter o medo no corpo a máis de un, ¿verdade? Iso de poder ler mensaxes borradas dá arrepíos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS