Por fin es Grand Theft Auto IV para PC

Hoxe, no programa Por fin es sábado comenteille a Mayte González que por fin saía o xogo Grand Theft Auto IV para PC, aínda que haberá que agardar ao...

Taxi en GTA IV
Hoxe, no programa Por fin es sábado comenteille a Mayte González que por fin saía o xogo Grand Theft Auto IV para PC, aínda que haberá que agardar ao 21 de novembro para achegar ao xogo ás nosas pantallas. Os que non teñan aínda unha Xbox 360 ou unha PS3 agradecerán o lanzamento que igual non agrada tanto aos taxistas, pois en Tailandia retiraron o xogo do mercado despois de que un tolambrán asasinara a un taxista coa desculpa de que quería ver se atracar un taxi era tan doado coma no xogo.
Cócteles molotov en GTA IV
E a cousa non quedou aí, senón que 3 rapaces de 15 e 16 anos foron detidos nos EE.UU. por queimar media ducia de coches con cócteles molotov, e argumentaron que aprenderan a facer as botellas explosivas no GTA IV. ¡¿Mande?! ¿Acaso nunca viron unha película de acción ou un informativo? Esa desculpa é coma dicir que atropelamos a unha señora porque queriamos obter un bonus for artistic impression coma no Carmageddon. Está claro que os rapaces son un vándalos, e aproveitar a polémica dun xogo para desviar a atención non é serio (¿acaso alguén se suicidou por xogar aos Lemmmings?).
Todo iso lémbrame á gloriosa camiseta na que se podía ler o seguinte:

Los videojuegos no afectan a los niños: Quiero decir, si Pac-Man nos hubiera afectado de niños, estaríamos todos moviéndonos por habitaciones oscuras, tragando pastillas mágicas y escuchando música electrónica repetitiva

A frase era unha suposta cita de Kristian Wilson (de Nintendo), aínda que o certo é que se trata dun chiste.

conmutador HDMIPara rematar, e deixando os videoxogos aparte, comentei que xa había no mercado conmutadores HDMI con mando a distancia. Nas tendas españolas vin conmutadores 3 portos a un prezo aceptable, de xeito que fai doado conectar varios trebellos a un televisor que só contase cunha entrada deste tipo. Iso si, a mensaxe que habería que transmitir é que cando merquemos un televisor de alta definición miremos que teña conectores suficientes para o futuro, pois ninguén quere meter un trebello máis na casa co seu correspondente mando a distancia (que invaden os nosos salóns).

Podedes escoitar a miña intervención no programa de Radio Coruña – Cadena SER a continuación:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. Download the latest version here. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS