Quen queira renovar o seu monitor por poucos cartos e non sexa moi esixente non debería deixar pasar a última oferta de APP, pois venden o monitor TFT de Hannspree de 22 polgadas cunha resolucion de 1.680 x 1.050 píxeles por 165 euros.
Iso de por si xa sería un bo prezo, pero resulta que a pantalla inclúe altofalantes e porto HDMI, ou sexa, que é coma ter un televisor HD Ready (sen sintonizador), polo que tamén é unha solución económica para conectar á consola de videoxogos de alta definición (Xbox 360 ou PS3). Mentres as grandes pantallas de alta definición non baixan de prezo estamos ante unha solución provisoria que pode satisfacer a moitos. Vaia, que o único defecto que lle vexo á oferta é a marca da pantalla, que está á altura de Bluesky ou Grunkel, o que non indica que sexa un mal produto ou que non teña garantía (só que a moita xente lle bota para atrás non mercar trebellos de marcas con sona).
Non podo deixar de comentar un detalle que vexo en case todos os monitores con HDMI e altofalantes: a toma de audio. Na meirande parte das fichas técnicas a etiquetan coma entrada o que coido que é un erro indicido por tratarse dun conector femia. Dáme a impresión de que se trata dunha saída de liña para poder conectar altofalantes externos, xa que por HDMI se transmite o son xunto co vídeo. Cando menos é así nalgunha pantalla que teño visto, e me sorprendería que fose do revés neste caso (aínda que non descarto que a entrada poida ser bidireccional).
Debe estar conectado para enviar un comentario.