As películas porno baseadas en películas de éxito é todo un xénero que sirve para botar unhas risas aínda que sexa só polos seus títulos ridículos: Eduardo Manospenes, Mujeres de Negro, Penetrator 2, La Guarra de las Galaxias, Indiana Jane, etc. Outros títulos eran menos imaxinativos e limitábanse a engadir o X ao final (Los vigilantes de la playa X, Tarzan X, DalaX…). Pero, ¿está en perigo este xénero?
Pois vexo sinais de que poderían desaparecer estas obras, cando menos se poden levar a confusión ou poden prexudicar unha marca, e aínda que a Anatomía de Sasha Grey parece que unha nova película que pretende repetir a experiencia do porno para gamers da que xa falei hai tempo desapareceu sospeitosamente das tendas virtuais e da web da súa produtora.
Estou a falar de XXXBox, unha película de Teravision que xa non está presente nos catálogos de tendas en liña e, nalgún caso, se chegou a substituír a súa carátula por unha imaxe en negro, o que dá a entender que hai medo a posibles consecuencias legais. ¿Por qué? Pois porque esta película de cámara subxectiva, protagonizada por Jenna Haze, Alexxa Lynn, Kayla Paige, Maya Gates (¿curmá de Bill Gates?), Nikki Rhodes e Devon Lee presentaba unhas cubertas que podían dar a entender que se trataba dun xogo para a consola Xbox 360 de Microsoft, o que supoño que se traduciu nunha afectiva carta do departamento legal da compañía de Redmond.
Polo que vin por aí, a película ía en DVD o 10 de abril, pero ante a forte demanda demorou a súa saída para o 6 de maio, incorporando tamén o formato Blu-ray, o que indicaría que iso de pór un título e unha portada tan suxestivas foron todo un acerto comercial.
Parece ser que o título da película é totalmente gratuíto, ou sexa, que non ten nada que ver co contido, o que tamén é evidente, pois dificilmente Microsoft autorizaría un xogo pornográfico para Xbox 360 (cando menos, no mercado occidental). Sería como agardar que en Pollémon saíse Pikachu practicando sexo con outro Pokémon. Supoño que agora reeditarán a película con outro título, pero tenme moi mosqueado todo o asunto porque non hai ningunha referencia na Rede aos motivos da descatalogación da película, da que aínda está presente o trailer (sen ligazón visible). Sospeito que con isto a industria do porno está a marchar co rabo entre as pernas 😛 , e no futuro pensarán moito antes de facer parodias de produtos importantes. Podémonos ir esquecendo de ver un Empalmable Hulk ou un Harry Porner. A liña que separa o dereito á parodia e a honra das obras orixinais podería estar a ser trazada pola industria pornográfica.
Debe estar conectado para enviar un comentario.