O editor de criaturas de Spore é unha carallada

Dende esta semana se pode descargar de balde a versión de proba do editor de criaturas para o xogo Spore que sairá despois do verán, o que moita xente...

Dende esta semana se pode descargar de balde a versión de proba do editor de criaturas para o xogo Spore que sairá despois do verán, o que moita xente aproveitou para homenaxear a personxes televisivos como Pikachu, un Dalek, os personaxes de Futurama Dr. Zoidberg e Mordisquitos, e incluso unha curradísima recreación de Marsupilami.
Recreación de personaxes en Spore
Ao Dr. Zoidberg incluso lle deron vida:

Pero, entón, ¿por qué Scott Johnson lle dedica a seguinte tira?
Dirty Dirty Spore

Pois porque a algunha xente non se lle ocorreu nada mellor que facer criaturas coma Spermy (e outras cousas máis escandalosas):
Spermy
Aínda que outros traballos teñen máis grazas, como unha criatura de grande pene que se lle dá por comprobar a elasticidade da súa pirica:

E o máis difícil todavía foi a recreación dunha pirola bailarina:

Vaia, que o Spore éche toda unha carallada, aínda que estas coñas iniciais non quitan que o xogo poida arrasar, xa que é unha obra de Will Wright, o creador de SimCity e os Sims.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS