¿Usarán o iPhone os dirixentes do PP?

O PP vén de estrear logotipo (entereime a través de Chuza!), que xa se presenta na súa páxina web e que supón un cambio máis na evolución do seu...

O PP vén de estrear logotipo (entereime a través de Chuza!), que xa se presenta na súa páxina web e que supón un cambio máis na evolución do seu logo:
evolución dos logos do PP
Pero quedei algo abraiado porque o novo logo resultábame familiar… ¡é unha icona do menú do iPhone!
Cadrado, cos bordes redondeados… está clarísimo. O deseñador do novo logo ou ten un iPhone ou un iPod Touch, e quixo aproveitar o cambio de logotipo para facer un WebClip que se poida colocar no menú do móbil de Apple que se vai vender pronto en España. Quedaría así a cousa:
O novo logo do PP no iPhone
¿Son o único que pensa que isto non é unha coincidencia?

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...