A revista Wired vén de publicar un artigo sobre película de animación Batman: Gotham Knight que sairá directamente en DVD e Blu-ray para arroupar a chegada aos cines da nova película de Batman de acción real, The Dark Knight. Este novo título promete ser unha especie de Animatrix con 6 historias, das que algunha é obra de guionistas moi coñecidos por parte dos seguidores do Señor da Noite coma Brian Azzarello e Greg Rucka. Batman enfrontarase a inimigos coma Killer Croc, o Espantallo ou Deadshot nestas historias que destacan pola súa estética.
A min paréceme especialmente rechamante a aparencia de Batman na imaxe que encabeza esta entrada, pois case parece un deseño de Peter Chung (Dark Fury e Aeon Flux), aínda que o resto de estilos tamén teñen o seu aquel, coma se pode ver no trailer da película:
Os fotogramas dun Batman planeando tamén me pareceron algo raros, pois con ese deseño de traxe e movementos parece saído das series de animación do Comando G, o que tamén me fai desexar que retomen a eses personaxes para a animación ou coma personaxes reais. As revisións dos seus comics son moi boas, e coma o retro está de moda igual caen un ano destes.
Ao ver hai uns anos o anuncio xaponés da operadora NTT crin que algúen se animaría coa película:
Soñar é de balde.
Debe estar conectado para enviar un comentario.