Batman: The Dark Knight Returns, por fin animado

El Regreso del Seños de la Noche foi o título co que chegou inicialmente a España a mini-serie de comics Batman: The Dark Knight Returns, que co tempo converteuse...

The Dark Knight Returns part 1
El Regreso del Seños de la Noche foi o título co que chegou inicialmente a España a mini-serie de comics Batman: The Dark Knight Returns, que co tempo converteuse nunha desas cousas que dan en chamar novela gráfica (pese a nacer por entregas), e que destacou por saber narrar un futuro distópico no que Batman, xa entrado en anos, ten que volver á acción para salvar á cidade de Gotham, para o que incluso ten que enfrontarse man a man contra Superman (loita que influiría a numerosas tramas anos despois).
Aínda que durante un tempo comentouse que Clint Eastwood estaba interesado en levar esta obra de Frank Miller ao cine, isto finalmente non aconteceu, e terémonos que conformar coa súa versión animada, que chegará en 2 entregas. A primeira parte sairá nos EE.UU. o 25 de setembro nun combo de Blu-ray + DVD + descarga (é de agardar que nun par de semanas tamén estea dispoñible en España) e xa ten trailer:

Ata 2013 non veremos a conclusión desta historia que esta considerada como unha das mellores de Batman (eu sempre preferín Año Uno, La Broma Asesina e Hijo del Demonio) e que veuse un tanto escurecida por culpa dunha secuela sen xeito (The Dark Knight Strikes Again) que espero que non se molesten en levar á pequena pantalla.

Antes de rematar non podo evitar citar que na serie de animación de Bruce Timm xa se facía unha homenaxe a The Dark Knight Returns:

Vaia, que vese que á historia tíñalle ganas máis dun.

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • John Byrne volve aos X-Men ao seu xeito

    A figura de John Byrne está estes días de actualidade pola publicación en papel da continuación non oficial da súa etapa nos cómics de La Patrulla X, ata o...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...