23 Abril, 2008
O luns pola noite na WWE os candidatos das primarias norteamericanas Hillary Clinton e Barack Obama ían a enfrontarse coma se podía ver no seguinte vídeo:
E finalmente o combate foi épico:
Supoño que dende YouTube borrarán o vídeo, e en tal caso sempre se pode ver na web oficial da WWE.
Por raro que pareza, en EE.UU. están a demostrar un humor que dende aquí é difícil imaxinar. Se fixesen algo semellante con Alberto Ruíz-Gallardón e Esperanza Aguirre seguro que se ofendía moita xente, ¿verdade? E logo somos nós os que dicimos que os americanos non saben o que é a democracia 🙁