16 Abril, 2008
Franchi vén de avisarme de que a xente da edición dixital de La Voz picou cunha das inocentadas do Primeiro de Abril:
O único que lles podo dicir dende aquí aos que escribiron o artigo é que escoiten RadioVoz, pois falamos do tema hai 10 días 😛
Isto confirma o que dixen noutras ocasións: durante as semanas seguintes ao 1 de abril moitos medios de comunicación pican ao atopar as falsas novas. Seguro que incluso o mes que vén aparecen pifias en revistas. Non esquezamos que tanto a prensa como a radio falan periodicamente do bulo do toothing, polo que picar con outras coñas é doado.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente quitaron a ligazón ao inocente artigo da sección de Tecnoloxía de La Voz, pois tanto lectores coma xente da casa se decatou do asunto.
Debe estar conectado para enviar un comentario.