Os creadores da última beta do Firefox deben de ser uns frikiños de moito coidado, e agocharon un ovo de pascua que aparece cando na barra de enderezos introduces about:robots e mesmo está traducido na versión en español do navegador:
Creo que a primeira referenza friki son as leis da robótica (Isaac Asimov), seguida de Blade Runner (e o monólogo final de Roy Batty), os amigos de plástico de Guía del Autoestopista Galáctico (a frase é o lema co que vendían robots coma o androide paranoico Marvin) e o cu metálico do noso queridísimo Bender (Futurama). Vaia, que quen pille as 4 referenzas á primeira é un friki de nivel 3 😉
Eu levo uns días probando a versión de proba no Firefox 3 e a de Windows vai bastante ben, pero na versión de Mac OS X non podo dicir o mesmo (paréceme un chisco inestable). A interface de usuario mellorou en usabilidade, pero algunha web non se ve exactamente igual que con Firefox 2, aínda que polo momento non atopei incompatiblidades (algunha haberá). Parece que o novo Firefox está preto do seu lanzamento oficial, aínda que eu admito estar moito máis impaciente por ver o Firefox Mobile (que estará baseado en Firefox 3).
16 Abril, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.