¿Lembrades a oferta do 1 de abril en Play.com? Si, a de Blade Runner a 13,99 euros (portes incluídos). Pois hoxe chegou á miña casa, ou sexa, que só tardou 9 días en chegar dende o Reino Unido (en realidade, 4 días, pois saíu a fin de semana de alá), o que non está mal para o prezo dos portes 😉
A edición é un tanto rara, pois aparte dos 5 discos nun estuche chulísimo, tamén inclúe unhas láminas con deseños da película, un nota (transparente) de Ridley Scott e un libreto no que indican os contidos dos discos. ¿Non sobran un pouco estas cousas nun digipak? Porque non acabo de entender para qué serven… agás para incrementar o peso (porque as láminas pesan bastante).
O que menos me convenceu é que os contidos da caixa veñen marcados nunha suposta contraportada pegada con celo (pois a contraportada de verdade non ten texto). ¿Non é un acabado un tanto chapuceiro? Iso si, por menos de 14 euros non me vou queixar (¡menudos cartos máis ben gastados!). O importante é que agora xa teño o disco 3 do pack, que é o que inclúe a versión cinematográfica da película con audio en español, e non esa cousa que chamaban versión do director e que nunca entendín que fose a única que se puidese mercar en DVD ata agora.
Eu estou totalmente en contra das edicións do director, versións estendidas, edicións definitivas e esas lerias, xa que as películas entendo que son as que botan no cine, e o resto non deixan de ser trucos para facernos mercar a mesma película varias veces. Iso si, a única versión que eu tiña de Blade Runner ata o momento era en VHS (que viña nunha revista xunto co libro ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?), polo que aínda non fixen moito o primo.
10 Abril, 2008
Debe estar conectado para enviar un comentario.