Redifusión do Faladoiro en Correo TV

O outro día pasei polo Faladoiro de Correo TV e os que non o viran pola Internet van poder volver a ver o programa íntegro pola televisión local compostelá:...

O outro día pasei polo Faladoiro de Correo TV e os que non o viran pola Internet van poder volver a ver o programa íntegro pola televisión local compostelá:

Cuatro expertos debaten esta noche en Correo TV sobre nuevas tecnologías

  • Rubén Cela, Xavier Alcalá, Berto Yáñez y Marcus Fernández analizan las TIC

Marcus Fernández, izquierda, Xavier Alcalá, Susana López, Rubén Cela y Berto Yáñez en Correo TVLas Tecnologías de la Información y la Comunicación centran hoy el debate en Faladoiro. Susana López recibe esta noche a Rubén Cela, director xeral de Xuventude; Xavier Alcalá, director de la Oficina de Programas Internacionais de I+D; Berto Yáñez, fundador de Chuza.org, y Marcus Fernández, webmaster de Código Cero-Diario Tecnolóxico de Galicia, con los que analizará la situación de las TIC. Sobre la mesa estarán iniciativas como Xuventude Galiza Net, el encuentro informático que organiza cada año la Xunta de Galicia y que en 2009 cumplirá diez años.

A continuación, el inventor de los conocidos bombones artesanos Piedras de Santiago, Hércules y Covadonga, Emilio Santasmarinas, será el invitado de Cita en San Francisco. Además de esta innovadora aportación al mundo de la gastronomía con la empresa que preside, Sancosa, el empresario compostelano ha desarrollado una intensa actividad en campos tan variados como la industria, con la patente de un revolucionario sistema para aprovechar la energía de las mareas, o con el patrocinio de numerosas competiciones deportivas. Todo ello sin olvidar su faceta artística como integrante del prestigioso coro santiagués Terra a Nosa, con el que participó en giras internacionales. Con él tendremos ocasión también de recuperar algunas de las más arraigadas tradiciones de su barrio, O Castiñeiriño.

Parece ser que a pasada semana houbo un erro na emisión do programa, que se soluciona coa reemisión este luns. Quen ía dicir que as TIC estarían tanto tempo en pantalla na televisión local compostelá que en poucas semanas dará o salto á TDT. Supoño que nese momento tamén farán unha cobertura especial do que supón a dixitalización da televisión (aínda que despois do apagamento analóxico do pasado sábado na Fonsagrada é de agardar que a xente xa estea ben informada).

Ah, e falando do apagamento, ¿son eu o único que ve raro que se celebre tal? Coido que o que debería celebrarse é a chegada da TDT e non a morte da televisión analóxica. De feito, no acto formal presidido por Touriño simulouse o acendido da TDT.
A verdade é que parece complicado dar a entender á xente que a televisión analóxica está destinada a desaparecer. Será que cando pecharon as emisións en VHF a xente xa usaba masivamente o UHF, mentres que facer que todo dios empregue a TDT antes de pechar as emisións en analóxico resulta utópico, polo que o cambio será traumático.
Queda por ver se R continuará as emisións en analóxico durante moitos anos, pois iso podería ser un valor engadido para moitos domicilios non que queden televisores vellos.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS