1 Abril, 2008
Manu avisou no seu blog de que Play.com ten unha oferta especial do April Fools, que destaca especialmente pola presenza da edición especial de Blade Runner (de 5 discos e sen o maletín) por 13,99 euros. Eu levo moitos anos queren mercar en DVD a película… ¡a de verdade! E non a edición especial nin nada polo estilo, pero en DVD non se editara nunca, e tampouco me facía graza mercar a película por quintuplicado, pero con esta oferta non me importa, pois sae bastante ben tendo en conta o seguinte:
Technical Details
15 years and over | |
1982 ; 1992 ; 2007 | |
Widescreen | |
English – Dolby Digital (5.1) | |
German ; Spanish – Castiliian | |
English ; English for the hearing impaired ; German ; Spanish – Castilian | |
11 Hours and 18 Minutes (approx) | |
Region 2 – Will only play on European Region 2 or multi-region DVD players. |
Ou sexa, que é a mesma edición que en España se vende a 45 euros (aínda que neste caso non inclúe o audio en polaco, que me trae sen coidado). Amais, os portes son de balde, polo que a oferta de Play.com paréceme irresistible.
Debe estar conectado para enviar un comentario.