Xa hai videoclip oficial do Chiki Chiki

Este sábado se amosará en La 1 o videoclip oficial que representará a España no Festival de Eurovisión, adaptando o tema inicial de Rodolfo Chikilicuatre a unha duración próxima...

Nuevo vídeo oficial do Chiki ChikiEste sábado se amosará en La 1 o videoclip oficial que representará a España no Festival de Eurovisión, adaptando o tema inicial de Rodolfo Chikilicuatre a unha duración próxima ós 3 minutos e que xa se pode ver na Internet:

Ver letra da canción ▼

Incluso se molestaron en traducir a letra da canción ó francés e ó inglés, pero a min a repetición de fragmentos para que o tema chegue ós 2:52 minutos non me gustou nada. Prefiro mil veces o tema orixinal, pero de tódolos xeitos, ¡arriba, Chikilicuatre!

Agora o que me gustaría é que Televisión Española explique cómo é que está a explotar o Chiki Chiki para facer cartos mediante SMS Premium:
Chiki Chiki no móbil mediante SMS Premium
¿TVE non é un ente público? ¿Acaso non ten financiamento público? Xa é un abuso que La 1 teña máis publicidade que moitas televisións privadas, pero que tamén pretenda sacar cartos dos espectadores a través do móbil, ¿non é un abuso?
Deberían publicar o MP3 da canción na Internet (coma fixeron os da Expo de Zaragoza) e, de querer pór algo mediante SMS, que coma mínimo sexa económico, e non coas tarifas máximas permitidas por lei. ¡Están a cobrar 4,18 euros por cargar a canción no móbil! Por ese prezo ata podían mandar unha copia en CD por correo.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS