19 Febreiro, 2008
Onte participei nun interesante debate en RadioVoz no que se falaba das polémicas SMS Premium:
A verdade é que coido que a regulación pouco pode facer para evitar que as operadoras vampiricen ós seus usuarios. Amais, iso de que as empresas que comercializan as mensaxes estean nun suposto anonimato cando é de sobras coñecido quen está detrás (as operadoras e as grandes canles de televisión) tamén resulta insultante. Pero ó final hai que admitir que a culpa deses supostos tipos está nos usuarios.
Un claro exemplo é o do fulano que pediu que non lle cobraran 8.000 euros por conectarse á Internet no móbil dende Portugal (para o que tivo que descargar moooita información durante un par de días) aducindo que non lle informaron de que a súa tarifa plana non incluía conexións no estranxeiro… ¡menudo morro! ¡¿Dende cando as empresas de telefonía son internacionais?! Facerse o parvo despois de que a operadora cargue contra un tampouco parece moi ético (aínda que nesta ocasión saíu coa súa).
Tralo debate tamén falei das novas da semana:
Hai que recoñecer que a TDT está a avanzar por fin. De feito, as emisoras locais de Compostela van comezar a operar antes do verán (posiblemente comecen as probas en cousa dun mes) o que é algo que se agradecerá, pois así xa se poderán ver tódalas canles terrestres dende a TDT (non sei se as televisión doutras localidades galegas se apurarán tanto, aínda que gustaría de que Dez TV tamén fixera o propio, para que en Melide se puidese ver unha canle dixital case local).
Para rematar reitero que o concurso de Eurovisión en colaboración con MySpace está a resultar unha chapuza auténtica, aínda que cumpriu co obxectivo de facer que todo dios fale do certame, aínda que sexa polo Chiki Chiki: