O escaqueo baseado no móbil en RadioVoz

A miña intervención de hoxe en Voces de Galicia comezou falando do servizo Busymulator, que nos serve para escaquearnos de xuntanzas programando chamadas telefónicas para que nos interrompan: Ese...

A miña intervención de hoxe en Voces de Galicia comezou falando do servizo Busymulator, que nos serve para escaquearnos de xuntanzas programando chamadas telefónicas para que nos interrompan:


Busymulator facilita o escaqueo
Ese sistema mola para cita a cegas, xuntanzas longas e moitas outras situacións comprometidas, aínda que cómpre indicar que o servizo manda un SMS de confirmación, polo que o de programar unha chamada para dentro de 1 minuto pode ser moi descarrado (pois antes estariamos escribindo e lendo un SMS).
Tamén é moi aconsellable o mando a distancia universal Energy Saver, que ten un botón para apagar un enchufe ao que conectar unha regleta co televisor, o DVD, a consola e todos os trastos que non queiramos deixar en espera no salón da casa sen ter que erguer o cu do sofá.
E para rematar, falamos de dúas grandes novas: a morte do TRAC (Telefónica ten que devolver as frecuencias deste tipo de telefonía ao rematar o ano, polo que deberá actualizar a tecnoloxía destes teléfonos con urxencia) e a emisión de Disney Channel a través da TDT (o que lle pode facer algo de pupa a Digital+, e nos deixa sen Fly Music, pero será positivo para a oferta televisiva tan tomatizada que hai hoxe).

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...
  • A outra Ana

    Hai un par de semanas estreouse en España o servizo Amazon Locker, que permite que os usuarios de Amazon como dirección de envío dos seus paquetes, en vez de...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...