Onte chegoume a revista de R a casa, e a súa portada agradoume moito:
Ó momento véume á cabeza a idea de que poderían ter feito a portada inspirándose na película de Watchmen, pero como aínda falta máis dun ano para a súa estrea teño que pensar que os creativos da revista son tan frikis coma min 😉
Aparte do cómic de Alan Moore, coido que a única referenza mega-friki do test de manchas de Rorschach é na película Wilt, baseada nun libro de Tom Sharpe e dos británicos Smith and Jones, no que intentan facer pasar a proba ó protagonista (pensando que matara á súa muller):
-¿Qué ve aquí? – di o psiquiatra
-¿O test de manchas de Rorschach? – resposta Henry Wilt
E bos, ¿qué vedes na portada da revista de R? Por se acaso eu non digo nada, porque senón pasa como coa coña do logotipo de Kappa, que ó final sempre ves o detalle oculto 😉
Debe estar conectado para enviar un comentario.