Si, Darío tiña razón sobre o contido do sobre sorpresa, e este venres levei o sobre orixinal a Radio Coruña para que Truxi e Antón o visen fisicamente pois era super-friki. É a primeira vez que vexo unha mensaxe escrita ¡por dentro do sobre!
O cartón que vén dentro do plástico que envolve o Putiputi tamén é a repanocha, presentando a unha parella de xaponeses chorando do gusto ó premer as burbullas virtuais. Dentro do cartón incluso se inclúe un segundo manual de instrucións metido nun sobre de plástico transparente… ou sexa, que os nipóns son uns esaxerados aproveitando o espazo ó máximo.
O trebello en cuestión coido que enviciou demasiado a Antón, que se non lembro mal premeu máis de 800 veces durante o programa do venres (o Putiputi fai un ruidiño raro cada 100 pulsacións) polo que está visto que hai que telo afastado dalgunhas persoas. Tamén creo que Antón vai ser o primeiro residente en España en saber canto dura a pila do chaveiro, pois apostaría algo a que non lle vai durar máis dunha semana 😉
Antes de que preguntedes, non sei cando se vai vender este xoguete en España, pois tanto é posible que aparezan por 10 ou 15 euros no Corte Inglés, como que se vendan a 2 euros nos bazares chineses, xa que este tipo de fenómenos son coma os Tamagotchis, ou sexa que ben anunciandos poden vender a moreas, aínda que logo sexan uns chismes inútiles (pese a que Antón pense que son ideais para rehabilitar dedos).
O prezo no Xapón coido que é de 819 iens, pero con portes e tal o chiste acaba saíndo en preto de 7 e
uros por Putiputi, o que non está mal por telos en primicia (se estivesen nas tendas españolas non creo que a xente pagase moito por eles). Sobre o nome, é onomatopeico, polo que dubido que nos países hispanofalantes se chegase a coñecer coma Putiputi (polo mesmo que nunha película de animación a Lapüta lle cambian o nome por Lapotu) e sería máis propio que respondese ó nome de pluf-pluf ou algo semellante.
Con xoguetiños, trebellos tecnolóxicos, webs (non esquezades visitar YouTorrent) e as seccións habituais o Zapping do venres saíu bastante curriño:
E para os que queiran saber máis da aparición de Yoda e Darth Vader en Soul Calibur IV, poño aquí o trailer que estrearon durante o CES de Las Vegas:
E para rematar, de agasallo, déixovos coa actuación de Paquita la del Barrio que recomendou Lucía Aldao a Txuri e Antón:
Debe estar conectado para enviar un comentario.