11 Decembro, 2012
Dentro da liña de relatorios coñecidos como Escépticos en el pub, o Kunsthalle da rúa da Conga en Santiago de Compostela servirá de escenario este mércores ás 21:00 horas a Esteban Fernández Moreira para contar historias sobre a mutacións nunha charla titulada ¡Aulixío, cosorro, alguien ha mutado a este bicho!.
Con esta actividade preténdese desbotar unha serie de mitos pseudocientíficos sobre as mutacións. Durante a primeira hora do encontro Esteban impartirá o seu relatorio para abrir logo unha quenda de preguntas de media hora moderada por Manuel Vicente, presentador do programa Efervesciencia da Radio Galega.
Debe estar conectado para enviar un comentario.