Peta-Zetas estréase cunha web moi orixinal

Corbacho volve hoxe á televisión cun programa que pode ser xenial se atendemos á orixinalidade da súa web, que presenta a aparencia dunha programa feito nun Spectrum, MSX ou...

Corbacho volve hoxe á televisión cun programa que pode ser xenial se atendemos á orixinalidade da súa web, que presenta a aparencia dunha programa feito nun Spectrum, MSX ou calquera outro ordenador de 8 bits dos que tanto se levaban nos anos 80 e que serve para anunciar a estrea do espazo televisivo disparando un contido vírico consistente nun test no que nos fan lembrar a Superratón, Comando G, Verano Azul ou V, e que comigo deu o seguinte resultado:
resultado do test
Continuando con calquera das seguintes 9 imaxes (coido que saen ó azar):
AlfMichael KnightKirk CameronTorre BrunoPanchoEva NasarrePipi LangstrumCalimeroLa Bruja Avería
E a verdade é que a web acertou en que fun dos primeiros en mercar a Teleindiscreta cos autocolantes de V. De feito, durante anos un dos mobles do meu dormitoria aínda os conservaba pegados 😉
Sobre o personaxe, admito que ó que máis me parezo é a Alf, pois aínda que non como gatos, os meus chistes son igual de malos.

Por sorte, eu non xoguei nunca coa Botibota, pois ese artiluxio gañou moita sona coma instrumento de tortura (polas hostias nas canelas que daba o trebello cando un non saltaba a tempo, o que era inevitable ó aumentar a velocidade).

O programa promete moito:

Pero admito que o feito de que se anunciase para o día 7 de xaneiro e que se demorase unha semana dá moi mal rollo (¿será que non dan un can por este produto televisivo?).

zp8497586rq

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Jon Secada no Luar

    E se Jon Secada fose un youtubeiro?

    O 13 de setembro foi un día moi especial na Televisión de Galicia xa que volveu á grella da programación o programa Luar contando coa presenza excepcional de Jon...
  • Novo viral da TVG

    Na Televisión de Galicia hai momentos que pasan á historia, como cando en 2007 ao reporteiro Alberto Mancebo unha nena nunha gardería espetou un sonoro «nos pegan» ou cando...
  • Un mundo infernal

    Unha das series de televisión de máis éxito da miña infancia foi Dragones y Mazmorras, da que incluso puidemos ver adaptación en banda deseñada da serie e incluso unha...