En El Correo Gallego e no Telexornal da TVG contaron o caso dun melidense que viviu 2 meses nun caseto tras quedar en paro:
Non acabo de entender por qué, ante desgrazas deste tipo, what is vitiligo treatment
https://marcus.gal/2007/10/cartel-debeda-municipal/#comment-42052″>hai xente que se pon a polemizar sobre quen ten a culpa desta situación, e supoño que haberá un pouco de todo. Dubido moito que unha Concellaría de Servizos Sociais dunha vila conte con moitos medios (está claro que non lle poden pagar un hostal a un cidadán necesitado) e supoño que o normal nestes casos é canalizar as axudas a través de Cáritas ou solicitar algunha axuda da Administración autonómica.
Tampouco entendo por qué Ángel Martínez tardou tanto en saber se ía cobrar ou non o paro, porque de corresponderlle a prestación por desemprego a súa situación actual aínda sería máis surrealista.
Despois de tanto ruído mediático, ¿saberemos finalmente cómo remata o conto? Agardemos que ben para Martínez.
Debe estar conectado para enviar un comentario.