A guerra de formatos

O HD DVD e o Blu-ray están a loitar por coller o relevo do DVD abrindo a alta definición ós fogares, pero conseguindo crear así unha situación tan negativa...

O HD DVD e o Blu-ray están a loitar por coller o relevo do DVD abrindo a alta definición ós fogares, pero conseguindo crear así unha situación tan negativa como a guerra entre o VHS e o Betamax, o que Scott Johnson ilustrou na súa última tira:
Guerra de formatos
Si, o consumidor é o grande prexudicado por esa guerra de formatos. Agora parece que o HD DVD está destinado a desaparecer, pois durante 2007 o Blu-ray vendeu o dobre de películas, o que levou á Warner a abandonar o formato de Toshiba, de xeito que só quedan Paramount e Universal apoiando o HD DVD, ou sexa, que en tal formato sairán menos da terceira parte das películas , o que podería ser un paso máis de cara á desaparición do formato.
Todo apunta a que o éxito ou fracaso dos formatos non ten nada que ver coas decisións do mercado, senón con pactos entre empresas, e o que non deixa de ser menos certo é que a demanda dos novos soportes é totalment

e virtual. ¿Quen quere deixar de lado o DVD? Ningún usuario que se fixo cunha enorme colección de películas e series quere volver a mercalas noutro soporte, nin quere pagar máis polas mesmas películas (os novos formatos teñen os mesmos prezos que os DVD cando apareceron nas tendas). Amais, os televisores FullHD son aínda unha rareza nos fogares, e mentres non se popularicen non ten sentido ningún saltar á alta definción.

¿Qué se pode deducir de todo isto? Pois que é moi probable que nin o HD DVD nin o Blu-ray cheguen a imporse no mercado. Hai moita xente que pensa que o último produto de consumo en soporte físico que se van vender é o DVD, e que o resto serán produtos marxinais, xa que os consumidores gardarán os contidos en discos duros e memorias Flash, xa que o que menos queren é ter que gardar caixas nos seus fogares. Ou sexa, que o DVD podería seguir os mesmos pasos que o CD, que non ten ningún sucesor homologable (moitos consumidores fan uso de reprodutores multimedia e os álbumes orixinais son algo que non perciben máis que como colección de música allea a un soporte).

Scott Johnson ten razón «a guerra de formatos de alta definición é unha parvada».

zp8497586rq

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Oregón TV tivo un ano moi tecnolóxico

    Hai anos que non menciono as cancións paródicas de Oregón TV (as súas parodias de Los Panchos e Micky son moito!), pero están a ter un 2019 tan completo...
  • Queremos tarifas planas de banda deseñada?

    Non hai dúbidas en que estamos chegando a un momento no que as plataformas de subscrición para acceder a contidos baixo demanda saturan a calquera, sendo impensable que un...
  • Os Vingadores non iniciaron o lume

    A capacidade de mobilización que teñen os grandes programas de televisión nos EE.UU. non deixa de sorprender, principalmente porque manteñen o seu pulo no tempo, cando en España hai...
  • Adeus a Allo

    En 2016 produciuse unha curiosa coincidencia, xa que Google estreou unha aplicación de mensaxería instantánea enriquecida con elementos multimedia chamada Allo mentres que os de Gadis lanzaron a campaña...