Morre o Netscape

Estes días ata a prensa xeralista está a falar da morte de Netscape, pois AOL vén de anunciar que a partir do vindeiro 1 de febreiro deixará de dar...

Netscape 3.0Estes días ata a prensa xeralista está a falar da morte de Netscape, pois AOL vén de anunciar que a partir do vindeiro 1 de febreiro deixará de dar soporte ó Netscape Navigator 9, o que supón a segunda morte deste navegador.
Moito lle temos que agradecer ó Netscape, pois foi a aplicación que nos meteu niso da web e, de feito, en España non exploramos a web, senón que navegamos por ela na honra de tal aplicación (mentres os norteamericanos surfean a web), pero hai que recoñecer que a morte deste programa informático é en grande medida culpa dos seus responsables.

Eu comecei a facer un uso regular de tal navegador co Netscape Navigator 3.0 Gold, que era completísimo para a data, pero cando chegaron as novas versións e o Navigator mudou en Netscape Communicator 4.0, as cousas comezaron a cambiar e o programa comezaba a ser todo un engorro, pois cargaba moito o sistema e tiña uns tempos de carga realmente desesperantes. Amais, por algún motivo na empresa pensaron que ninguén lles podería adiantar nun sector que consideraban conquistado, e cometeron erros inmensos como cambiar a política de distribución da súa aplicación que fixo que varios CD deses que viñan en revistas de informática deixasen de incluílo, cando si traían unha copia do Internet Explorer, o que parece que foi o principio da fin.

Tira de Joy

<div style=Become A Game Tester, Highest Conversions In Niche, Highest Payout

Of Tech sobre a morte de Netscape” title=”Tira de Joy Of Tech sobre a morte de Netscape” />
Dende Joy of Tech fixeron burla da morte do navegador

O Internet Explorer era un navegador moi pouco traballado, e para gañar posicións tivo que inventarse unha numeración para pórse ó nivel do Navigator, de xeito que o que debería ser unha das primeiras versións se chamou Internet Explorer 3.0 (cando debería ser IE 1.2). Non sería ata o Internet Explorer 4.0 cando Microsoft comezase a gañar terreo mesmo antes de que o navegador se incluíse de serie no sistema operativo (o que desmonta certas teorías conspiratorias de Netscape).
Penso sinceramente que nese momento foi cando os de Netscape a cagaron de vez, e mentres Microsoft lanzaba novas versións de Explorer, o Navigator quedou estancado na 4.08. Para min, esa foi a auténtica morte de Netscape.

Máis tarde (en 2001), sen mediar unha versión 5, apareceu o Netscape 6, que funcionaba co motor Gecko e sería un bosquexo do que hoxe temos no Firefox, pero que o único que tiña en común cos seus precursores era o nome. A versión 6 era moi inestable, pero cando chegou a versión 7 xa se conseguiu un navegador como moitos queriamos, pois estaba baseado en Mozilla, polo que paralelamente tivo que competir con Phoenix/Firebird/Firefox (si, o Firefox tivo moitos nomes antes), o que era unha batalla perdida (a xente prefería unha aplicación libre e flexible a un produto controlado por un xigante mediático coma AOL).
Despois disto apareceron as versións 8 e 9 de Netscape, que pasaron totalmente desapercibidas, e a resurrección deste importante navegador finalmente quedou nun amago. Vaise Netscape… ¡deixádeo ir! (Gates o teña na gloria… xunto co Explorer para Mac)

zp8497586rq

Comentarios

ENTRADAS RELACIONADAS