CastRapo

Ante a brevidade do título da última entrada no blog de Ghanito, véxome na obriga de reincidir no tema, e ser igual de breve, pois para ver se a...

Tarxeta SIM de RAnte a brevidade do título da última entrada no blog de Ghanito, véxome na obriga de reincidir no tema, e ser igual de breve, pois para ver se a oferta móbil de R pagaba a pena mirei a fondo a súa web, e atopei unha cousa moi rara sección de FAQ, ou sexa, nas preguntas máis frecuentes:
A web de R en castrapo
A verdade é que quedei flipadísimo por tales mostras de castRapo. Coido que iso indica que a sección se redactou en español e se traduciu rapidamente ó galego mediante a edición do texto orixinal, o que é unha práctica realmente nefasta (as linguas non se traducen palabra por palabra). Agardemos que corrixan o erro.

Cuestións lingüísticas aparte, ¿qué penso da oferta de R? Pois que non me convence. Hoxe estou con Vodafone, e a oferta de R é moi inferior en terminais, tarifas e servizos. Coido que a oferta para particulares só resulta atractiva para núcleos familiares.
Como Ghanito, estou sumament decepcionado polas tarifas de datos (29 euros/mes por 1 Gb de transferencia paréceme abusivo se consideramos que por 10 euros máis Vodafone permite un uso ilimitado reducindo a velocidade a 128 Kbps ó superar 1 Gb de tráfico). Agardaba unha tarifa plana de verdade, pois a xente non é consciente da transferencia de datos que realiza, e logo as sorpresas poden ser monumentais (0,50 euros por cada Mb excedido pode provocar sorpresas nada agradables). Supoño que no futuro cambiarán estas tarifas, pois se non lle vexo pouca saída ó módem USB que venden.

Agardemos que durante 2008 aparezan tarifas planas reais (a prezos asequibles) de datos a través do móbil, pois é algo que demandan moitos usuarios que queren conectarse á Rede en máis dunha vivenda, e non queren ter contratadas varias liñas de banda larga. Agardemos que a comercialización en España do iPhone axude a impulsar este tipo de ofertas.

Comentarios

Chíos e rechouchíos

ENTRADAS RELACIONADAS

  • Enredando nas noites de Luar

    Durante o verán na revista Código Cero publicamos unha entrevista a Pilar Rodríguez Losada, responsable das redes sociais do Luar, e por se a alguén se lle pasou, pégoa...
  • A tradución automática invade a tenda de Kindle en galego

    Na miña intervención na pasada edición do LGx15 facía algúns comentarios sobre os tradutores automáticos, dando a entender que facían auténticas desfeitas simplemente porque algúns entenden que son ferramentas...
  • ExpOtaku meets Zona Otaku

    A semana pasada sobrevivimos a unha edición máis de ExpOtaku, encontro que non sei como fai para xuntar cada ano a máis xente. Eu só puiden achegarme o venres...
  • PSY segue moi vivo

    Hai moito tempo que o rapeiro PSY non ten un superéxito en YouTube, pero iso non quere dicir que desparecerse ou que estivese quieto, senón que é moi complicado...